ACEGA | Asociación Galega de Celíacos 981 104 467 - 679 461 003 | [email protected]
Atención ao público: Martes - Xoves: 9:30 a 13:30. Mércores: 9:30 a 13:30 - 17:00 a 19:30
a enfermidade celiaca nos centros escolares

A enfermidade celíaca nos centros escolares

A normalización da vida das persoas celíacas, pasa necesariamente, polo
coñecemento que a sociedade e os profesionais teñan sobre a Enfermidade Celíaca e a
dieta sen glute.

Nesta liña, dende ACEGA temos un compromiso coa sociedade e co colectivo
celíaco en xeral, que consiste en fomentar a difusión e a divulgación, tendo como
obxectivo aumentar o coñecemento da Enfermidade Celíaca e a correcta elaboración de
un menú sen glute, tanto na sociedade, como nos pacientes con esta enfermidade.

Grazas á colaboración económica do Concello de Ferrol, elaboramos un díptico
para difundilo nos centros escolares, coa finalidade de concienciar ao persoal dos mesmos
sobre a Enfermidade Celíaca e a importancia de que tanto profesorado, persoal de
comedor e alumnos/as empaticen á hora de ter unha persoa celíaca na clase ou no
comedor.

Alcanzamos unha cantidade de 1.500 persoas, nos centros solicitados,
repartindo os folletos elaborados. Así, ofertamos información sobre a celiaquía e
destacamos a importancia de realizar unha dieta sen glute estrita, sen transgresións,
minimizando os riscos de contaminación, e por suposto de por vida.

a enfermidade celiaca nos centros escolares
a enfermidade celiaca nos centros escolares

Deixa unha resposta

Close
Cart (0)

Non hai produtos no carriño. Non hai produtos no carriño.



Idioma