ACEGA | Asociación Galega de Celíacos 981 104 467 - 679 461 003 | [email protected]
Atención ao público: Martes - Xoves: 9:30 a 13:30. Mércores: 9:30 a 13:30 - 17:00 a 19:30

“Axudamos a moita xente a realizar unha dieta sen glute correcta e dámoslle toda a información e o apoio que precisan”

O meu nome é Sheila Parga Abuín e traballo como formadora no departamento de restauración e seguridade alimentaria de ACEGA. Tamén dou apoio ao departamento de atención ao socio, atendendo e dando información aos novos socios e recén diagnosticados así coma na resolución de dúbidas dos socios que xa levan un tempo con nós. Ademais, axudo tamén na parte administrativa.

Pois non recordo moi ben a miña reacción, eu tiña 7 anos e miña irmá estaba no hospital, non sabía ben que pasaba, pero cando volveu non podía comer do meu pan nin as ricas empanadas da avoa. Supoño que foi raro ao principio, pero rápido nos acostumamos.

ACEGA para min é axuda. No momento que diagnosticaron a niña irmá, nadie da nosa familia escoitara falar antes da celiaquía, os membros de ACEGA foron os que nos axudaron a coñecer que era eso e como debíamos actuar. Agora ACEGA tamén é o meu traballo, e para min, segue significando axuda. Axudamos a moita xente a realizar unha dieta sen glute correcta e dámoslle toda a información e o apoio que precisan.

Pois creo que é realmente importante, xa que o debemos ter en conta en moitas ocasións. A enfermidade celíaca está normalizada no oso entorno, familia e amigos, nunca quixemos deixar de facer cousas polo feito de ter unha persoa celíaca na familia e así foi. É algo que, aínda que xa o vemos como normal, sempre tes que ter en conta, á hora de escoller un restaurante, á hora de ir de viaxe, ou simplemente á hora de cociñar cada día. ACEGA, gracias ao seu proxecto de Restauración en Galicia Sen Glute, axuda moito á hora de atopar establecementos que ofrezan comida sen glute segura, pero creo que aínda nos queda moito camiño por percorrer.

Ao principio atopámonos nun mundo totalmente descoñecido, e iso nos asusta e nos preocupa, pero realmente, non é tan complicado como pode parecer. Probablemente cometan erros, todos o fixemos, o importante é non martirizarse por elo, simplemente aprender e mellorar cada día. 

Tamén diría que por ter que comer sen glute non se acabou o comer cousas deliciosas, moita xente o pensa, pero hai moitísimas receitas sen glute moi boas e con moito sabor, simplemente hai que atopalas.

Podería enumerar múltiples trabas coas que se atopa un celíaco no seu día a día, dende comer nun restaurante, o trato diferente en moitos comedores escolares, asistir ao cumpre dun amigo, ou simplemente ir de viaxe e non saber nin onde poder comer. Son moitas as cousas a mellorar no que á celiaquía respecta, sen embargo, para min, o problema mais grande que pode atopar un celíaco é o prezo tan elevado da comida. As enfermidades non entenden de ricos e pobres, e hai moita xente sen recursos, que é celíaca, e non pode mercar produtos específicos sen glute polo elevado coste, algo tan básico como pan ou unhas galletas, para algúns celíacos é un “capricho”.

ACEGA axuda en moitos aspectos. En primeiro lugar, ofrece información aos recén diagnosticados e aos novos socios, así como da apoio aos socios que xa levan anos na asociación. Resolvemos calquera dúbida que os socios nos plantexan. Ademais, ten publicacións especializadas moi útiles, coma o recetario de cociña, con receitas sen glute moi sabrosas, ou libros infantís onde se explica e normaliza a celiaquia entre os máis pequenos.

Tamén divulga a información sobre a enfermidade celíaca e a dieta sen glute entre diferentes colectivos, para que todo o mundo a coñeza e Galicia sexa cada vez un pobo máis inclusivo.

Ademais, ofrece formacións a diferentes colectivos, no cal me gustaría destacar as formación a establecementos de restauración e obradores, unha labor importante para que os galegos celíacos poidan sentirse máis seguros cando saen a comer.

Por último, os membros de ACEGA tamén se reúnen periodicamente con diferentes institucións e empresas, para conseguir melloras en diferentes ámbitos da vida das persoas celíacas.

Sempre intentei axudar ás persoas que o necesitaban dende a miña propia experiencia persoal, pero dende que traballo en ACEGA teño a oportunidade de colaborar e aportar moito máis, axudo aos socios e á xente que chega a nós con dúbidas, imparto formacións para mellorar o acceso das persoas celíacas aos establecementos de restauración, participo en xornadas de divulgación en diferentes colectivos, entre outras cousas que facemos dende a asociación. Creo que é importante aportar cada un o noso gran de area se queremos conseguir a inclusión plena do colectivo celíaco. Xuntos somos máis fortes.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Close
Cart (0)

Non hai produtos no carriño. Non hai produtos no carriño.



Idioma