Na casa
Para as persoas celíacas incluso unhas faragullas de pan poden ser prexudiciais para a súa saúde. Por iso, é importante evitar transgresións e contaminacións cruzadas á hora de cociñar. A continuación, expóñense unha serie de pautas a ter en conta:
Como gardar a compra?
Manter os ingredientes ou alimentos sen glute separados do resto.
Gardar os produtos sen glute en estantes encima dos produtos con glute.
É de utilidade identificalos con algún tipo de etiqueta, adhesivo, envase, etc.
Precaucións á hora de cociñar
Elixir produtos sen glute, é dicir, xenéricos; produtos que se atopen na Lista de alimentos de FACE, certificados coa Espiga Barrada ou coa Marca de Garantía “Controlado por FACE” ou que teñan a mención sen glute.
Lavarse as mans con auga e xabón.
Limpar a encimera con auga e xabón antes de empezar a cociñar.
É recomendable utilizar unha táboa de cortar exclusiva de plástico.
Primeiro cociñar os pratos con ingredientes sen glute.
O aceite e a auga para cocer deben de estar limpos.
Electrodomésticos
Microondas: cubrir sempre o prato de alimentos sen glute cunha tapa.
Forno: Non enfornes simultaneamente produtos con e sen glute se o teu forno é de aire. Sitúa sempre o produto sen glute na bandexa superior.
Utilizar bolsitas protectoras termo resistentes ou colocar alimentos encima dun recipiente que impida que toquen a grella directamente.
É recomendable ter un tostador exclusivo.
Xogo de cubertos e utensilios
É preferible utilizar enxoval e xogo de cubertos de metal ou plástico. Manter os panos, mandís, panos de mesa e manteis limpos.