ACEGA - Asociación de Celíacos de Galicia | 981 104 467 - 679 461 003 | [email protected]

Nos restaurantes

Unha das experiencias máis complicadas para unha persoa celiaca pode ser saír a comer fóra de casa. Para lidiar con esta situación, ACEGA presta asesoramento ao máximo número de restaurantes posibles para que ofrezan menús seguros para as persoas celíacas a través do programa FACE Restauración Sen Glute/Glute Free.
A condición de ser celíaco non debería impedir poder levar unha vida social normalizada, aínda que en ocasións resulta complexo participar con tranquilidade en actos sociais. Por exemplo: reunións de traballo, aniversarios e celebracións familiares, comuñóns, vodas. Por iso, á hora de entrar nun bar ou restaurante é recomendable:

• Escoller un establecemento asesorado que apareza na aplicación FACEMOVIL ou no caso de Galicia, aparecerá tamen unha listaxe actualizada de establecementos asesorados por ACEGA na nosa páxina web no apartado Restauración Sen Glute →.
• Identificarse como persoa celíaca e explicar en qué consiste a dieta sen glute para que a persoa que lle atenda saiba os alimentos que non se poden consumir. A condición de que sexa posible facer a reserva con antelación.
• Preguntar ao persoal do establecemento as opcións que teñen sen glute.
• Non dubidar en preguntar os ingredientes e o proceso de elaboración dos pratos. Non todo o mundo coñece a enfermidade e o que supón a dieta sen glute.
• Existen pratos na maioría das cartas dos restaurantes (non asesorados) que están libres de glute (ensaladas, peixes e carnes á prancha, froitas, etc.). Pregunta ao persoal o modo de elaboración dos mesmos e os ingredientes que utilizan para saber se existe risco de contaminación cruzada.
• En caso de celebracións (vodas, bautizos, comuñóns, etc.), é aconsellable ser previsor e advertir aos organizadores que se necesita unha dieta especial.

Segundo o Regulamento europeo (UE) Nº 1169/2011 sobre a información facilitada ao consumidor, os restaurantes teñen a obrigación de facilitar aos clientes que o demanden, a información sobre a presenza de alérxenos nos pratos que serven.

Close
Cart (0)

Non hai produtos no carriño. Non hai produtos no carriño.



Language