ACEGA - Asociación de Celíacos de Galicia | 981 104 467 - 679 461 003 | [email protected]

“A Asociación de Celíacos foi unha luz que me axudou a superar todas as dificultades que xurdiron no momento do diagnóstico”

Carmela Feal é vogal da Xunta Diretiva de ACEGA dende hai máis de 5 anos. Colabora en eventos da asociación e contribúe a visibilizar a enfermidade celíaca. Ela chegou a nós, como moitos…”Unha vez me diagnosticaron a enfermidade celíaca, da que non tiña nin idea do que era, informáronme no hospital da existencia da Asociación”

Que supón ACEGA para ti?

Unha vez me diagnosticaron da enfermidade celíaca, da que non tiña nin idea do que era, informáronme no hospital da existencia da Asociación de Celíacos, coa que me puxen en contacto e me informaron de todos os aspectos da enfermidade, modo de actuar, etc, creo que foi unha luz que me axudou a superar todas as dificultades que nese momento tiñan os celíacos para realizar a compra de alimentos, co seu libro de produtos sen glute, coas informacións que me deron, facilitáronme o día a día como celíaca.

Que importancia ten no teu día a día o feito de que ti (ou o teu entorno) sexa celíaco/a?

No meu día a día de celíaca supón o estar pendente das saídas a restaurantes ou comidas fora da casa, non no meu entorno familiar, xa que despois de tanto tempo, todo o meu entorno familiar está completamente ao tanto de como actuar en relación á enfermidade celíaca.

Que consellos lle darías a alguén que acaba de ser diagnosticado/a coa enfermidade celíaca?

A calquera que sexa diagnosticado da enfermidade celíaca, o consello que lle daría sería que se poña en contacto coa Asociación de Celíacos, que eles orientarano como actuar no día a día.

Cal é o principal problema que atopa un celíaco no seu día a día?

No día a día dun celíaco, o principal problema que se atopa é a falta de información de numerosas casas de restauración e tendas de alimentación.

Que fai ACEGA para apoiar/axudar ao colectivo de celíacos?

ACEGA trata de visibilizar a enfermidade celíaca entre a sociedade, mediante reunións, publicacións, charlas, etc.

Que tratas de aportar ti ao colectivo?

Por a miña parte trato de colaborar, dentro das miñas posibilidades, axudando na realización daqueles eventos que realiza ACEGA para facer máis visible a enfermidade celíaca, informando aos novos diagnosticadas da maneira de actuar no día a día.

Close
Cart (0)

No products in the cart. No products in the cart.



Idioma