ACEGA - Asociación de Celíacos de Galicia | 981 104 467 - 679 461 003 | [email protected]

¿Por qué asociarse?

As asociacións de celiacos son entidades sen ánimo de lucro financiadas na súa maioría polas cotas dos socios. Por iso agradecemos enormemente todo o seu apoio, xa que, sen eles, todos estes avances na “vida sen glute” non serían posibles.
Úneste á cadea?

  1. As nutricionistas e expertos das diferentes asociacións resolverán todas as túas dúbidas sobre a enfermidade celíaca e a dieta sen glute. Recibirás unha atención seria e personalizada durante o diagnostico e o resto da túa vida.
  2. As asociacións encárganse de difundir información sobre a enfermidade celiaca e a dieta sen glute en todos os ámbitos para mellorar a calidade de vida do colectivo celíaco.
  3. Estarás a contribuír a mellorar a integración social das persoas celíacas a través do programa de seguridade alimentaria executado por FACE. Este programa inclúe proxectos de certificación, restauración e analíticas que permiten ás persoas celíacas adquirir produtos sen glute para consumir tanto en casa como fóra dela.
  4. Grazas á túa colaboración, o proxecto FACE Restauración Sen Glute/Glute-Free poderá seguir incorporando restaurantes e grandes cadeas, para que cada vez haxa máis opcións sen glute seguras.
  5. Recibirás información periódica sobre a enfermidade celíaca e a dieta sen glute a través da Lista de Alimentos, a revista Mazorca, emails e newsletter.
  6. Poderás obter de maneira totalmente gratuíta unha licenza para a app FACEMOVIL, mediante a que poderás acceder a unha listaxe de alimentos sen glute controlados, o lector de código de barras e unha listaxe de restaurantes seguros asesorados.
  7. Parte da cota que abonas destínase a proxectos de investigación en enfermidade celíaca e dieta sen glute no noso país.
  8. A unión fai a forza. Non é o mesmo acudir ante as Administracións representando a 20.000 familias que a 80.000. Por iso ao pertencer a unha asociación federada estás a formar parte do # MovimientoCelíaco loitando polos dereitos do colectivo e mellorando a súa calidade de vida e integración social.
  9. Algunhas das asociacións que forman parte de FACE están declaradas de utilidade pública polo que o 75% do importe da cota serache devolta nas deducións do IRPF. Podes informarte na túa asociación.
Close

Sign in

Close

Cart (0)

Cart is empty No products in the cart.

Celiacos Galicia

Asociación de Celíacos de Galicia



Language