ACEGA - Asociación de Celíacos de Galicia | 981 104 467 - 679 461 003 | [email protected]

Que é a Enfermidade Celiaca?

A Enfermidade Celiaca (EC) é unha enfermidade multisistémica con base autoinmune provocada polo glute e prolaminas relacionadas, en individuos xeneticamente susceptibles, e caracterízase pola presenza dunha combinación variable de: manifestacións clínicas dependentes do glute, anticorpos específicos de EC, haplotipos HLA DQ2 ou DQ8 e enteropatía. Esta definición foi actualizada pola ESPGHAN, a Sociedade Europea de Gastroenteroloxía, Hepatoloxía e Nutrición Pediátrica en 2012.
A prevalencia estimada nos europeos e os seus descendentes é do 1%, sendo máis frecuente nas mulleres cunha proporción 2:1.

Que quere dicir multisistémica?

Que pode verse afectado calquera outro sistema do corpo humano, non unicamente o aparello dixestivo, provocando síntomas extra-intestinais

Que significa con base autoinmune?

Que no desenvolvemento da enfermidade intervén o noso sistema inmunitario obrigando ás defensas da persoa celíaca a reaccionar ante a inxesta de glute, neste caso, é a reacción autoinmune a que dana a mucosa do intestino e destrúe as vilosidades intestinais encargadas de absorber os nutrintes necesarios para manternos sans.

Que son os haplotipos HLA DQ2 e DQ8?

Son os marcadores que indican a existencia da predisposición xenética que aumenta a probabilidade de padecer a enfermidade. Con todo, presentar xenética compatible non implica chegar a desenvolver a enfermidade.

Que significa enteropatía?

É un termo médico que fai referencia a calquera alteración patolóxica producida no tracto dixestivo.

Close

Cart (0)

Cart is empty No products in the cart.

Celiacos Galicia

Asociación de Celíacos de Galicia



Language