ACEGA | Asociación Galega de Celíacos 981 104 467 - 679 461 003 | [email protected]
Atención ao público: Martes - Xoves: 9:30 a 13:30. Mércores: 9:30 a 13:30 - 17:00 a 19:30
Lidia Filgueira delegada de Acega en Coruña

“A experiencia de toda unha vida sen glute, o entusiasmo por ver cómo mellora a nosa situación”

Ola, Son Lidia Filgueira, delegada de Acega na Coruña. Celíaca desde sempre e creadora de contido en @lidiadisfrutasingluten.

Diagnosticáronme a celiaquía cando era só unha nena, así que desde pequena fun moi consciente de que teño unha enfermidade crónica e de que a miña alimentación ten que ser estritamente sen glute.

ACEGA foi sempre un gran apoio. Acompaña a lxs recentemente diagnosticadxs nas súas dúbidas e é unha referencia para todxs os demais. Proporciona garantías para escoller un restaurante galego apto, dá visibilidade á enfermidade e axuda a que sexa coñecida, achega formación e investigación no sector hostaleiro, xestiona actividades útiles para enfrontar as dificultades coas que nos atopamos e insignia a cociñar sen glute.

Afortunadamente, na miña contorna familiar e social está totalmente normalizado que son unha persoa celíaca, que necesito levar unha alimentación diferente e asegurarme de que non existe contacto cruzado con glute cando como fóra de casa, en celebracións, eventos, restaurantes ou viaxes.

Creo que é moi importante obter un bo diagnóstico para ser consciente de que é posible levar unha vida normalizada e atoparse mellor física e animicamente ao eliminar por completo o glute da dieta.

Tamén hai que ter presente que a frustración (por non poder comer algo que che apetece, pola incomprensión ou a falta de empatía ao explicar en que consiste esta enfermidade), nunca desaparece. Por iso o máis beneficioso é ser consciente diso e pensar en positivo. A celiaquía non ten cura, pero tampouco necesita medicación e cando te alimentas de forma adecuada atópaste perfectamente.

Desde hai anos, cada vez temos dispoñibles máis produtos aptos para celíacxs e que son fáciles de atopar a través da etiquetaxe sen glute. A hostalería tamén mellorou porque antes era moito máis complicado explicarlle ao persoal de cociña en que consiste a enfermidade, pero sen dúbida a nosa principal limitación atópase na restauración sen glute que non segue os protocolos adecuados. Viaxar a outros países nos que non existen produtos aptos fai que sexa necesario acudir a restaurantes internacionais para poder comer sen glute, encher a maleta de “porsiacasos” ou aloxarse en apartamentos para cociñar, o que tamén é unha barreira importante.

ACEGA é sinónimo de confianza á hora de consumir un produto ou de acudir a un restaurante asesorado, apoio ao contar cun equipo especializado en orientar a lxs celíacxs e á súa contorna, principalmente a lxs recentemente diagnosticadxs, e unha maneira de sentirse acompañadx e comprendidx en moitos dos momentos complicados derivados da enfermidade celíaca nos que te atopas ao longo da vida.

A experiencia de toda unha vida sen glute, o entusiasmo por ver como mellora a nosa situación e a esperanza de alcanzar unha inclusión real. Cada vez é máis sinxelo atopar produtos aptos de calidade e poder facer vida social sen limitacións, pero aínda é necesario avanzar moito máis.

Habitualmente comparto receitas sen glute, elaboracións tradicionais e algunhas máis innovadoras, que creo que poden ser de axuda para levar unha alimentación variada e o máis natural posible.

En canto a asumir a delegación da Coruña, gustaríame que a cidade fose máis inclusiva. Espero que en “a Cidade na que ninguén é forasteiro” poidamos atopar cada vez máis locais nos que comer con seguridade, obradoiros nos que degustar bos produtos, realizar actividades interesantes para nenos e adultos e acudir a festivais e eventos gastronómicos con opcións aptas para celíacxs.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Close
Cart (0)

Non hai produtos no carriño. Non hai produtos no carriño.



Idioma