ACEGA - Asociación de Celíacos de Galicia | 981 104 467 - 679 461 003 | [email protected]

¿Por qué asociarse?

As asociacións de celiacos son entidades sen ánimo de lucro financiadas na súa maioría polas cotas dos socios. Por iso agradecemos enormemente todo o seu apoio, xa que, sen eles, todos estes avances na “vida sen glute” non serían posibles.

Úneste á cadea?

1. As nutricionistas e expertos das diferentes asociacións resolverán todas as túas dúbidas respecto a enfermidade celiaca e dieta sen glute. Unha atención seria e personalizada durante o diagnostico e o resto da túa vida.
2. Como asociación encargámonos de difundir información sobre a enfermidade celiaca e dieta sen glute en todos os ámbitos para mellorar a calidade de vida do colectivo celiaco.
3. Estarás a contribuír a mellorar a integración social das persoas celiacas a través do programa de seguridade alimentaria executado por FACE e as súas asociación membro. Este programa inclúe proxectos de certificación, restauración e analíticas que permiten ás persoas celiacas adquirir produtos sen glute para consumir tanto na casa como fóra dela.
4. Grazas á túa colaboración, o proxecto FACE Restauración Sen Glute/Glute Free poderá seguir incorporando restaurantes e grandes cadeas, para que cada vez haxa máis opcións sen glute seguras.
5. Recibirás información periódica sobre a enfermidade celiaca e a dieta sen glute a través da Lista de Alimentos, a revista Mazorca, emails e newsletter.
6. Poderás obter de maneira totalmente gratuíta unha licenza para a app FACEMOVIL, mediante a que poderás acceder a unha listaxe de alimentos sen glute controlados, o lector de código de barras e unha listaxe de restaurantes seguros asesorados.
7. Parte da cota que abonas, destínase a proxectos de investigación en enfermidade celiaca e dieta sen glute no noso país.
8. A unión fai a forza. Non é o mesmo acudir ante as Administracións representando a 20.000 familias que a 80.000. Por iso ao pertencer a unha asociación federada, como ACEGA estás a formar parte do #MovimientoCeliaco loitando polos dereitos do colectivo, mellorando a súa calidade de vida e integración social.

Comunidade Celiaca
Necesitamos asociarnos porque a unión fai a forza e cantos mais socios e socias pertenzan á asociación, mais sinxelo será conseguir logros e avances en torno á Comunidade celiaca.
Close
Cart (0)

Non hai produtos no carriño. Non hai produtos no carriño.



Idioma