ACEGA - Asociación de Celíacos de Galicia | 981 104 467 - 679 461 003 | [email protected]

Por que existe o límite de 20 ppm para os produtos sen glute?

Segundo o Regulamento Europeo (UE) Nº 828/2014, os produtos etiquetados como “sen glute” teñen que ten menos de 20 ppm ou 20 mg/kg de glute no produto final. Esta normativa europea publicada no ano 2014 entrou en vigor no 2016 e continúa ata os nosos días.

Pero por que é tan importante esa cantidade?

O doutor Carlo Catassi publicou un estudo no 2007 cuxo obxectivo era determinar cal era a cantidade máxima de glute á que se pode expoñer un paciente celíaco sen que se active a resposta do seu sistema inmune.

Para levar a cabo o experimento, recrutáronse 49 persoas adultas con enfermidade celíaca e dividíronse en 3 grupos. A cada grupo subministróuselle diariamente unha cantidade de glute distinta:

  • Grupo 1: Consumían unha cápsula diaria con 10 mg de glute.
  • Grupo 2: Consumían unha cápsula diaria con 50 mg de glute.
  • Grupo 3: Consumían unha cápsula diaria de placebo, é dicir, cápsula sen glute.

Cos resultados deste estudo e xunto con outras evidencias atopadas na literatura, a comunidade científica estableceu que 50 mg de glute ao día é a dose mínima necesaria para producir dano no intestino dos pacientes.

Polo tanto, tendo en conta a cantidade de produtos sen glute que pode inxerir unha persoa celíaca ao día, determinouse o límite seguro de glute para os produtos é de 20 ppm, ou o que é o mesmo, 20 miligramos de glute por quilogramo de produto.

Cabe destacar que o estudo ten certas limitacións, por exemplo, o número de pacientes que participaron como voluntarios foi moi baixo. O tempo ao que foron somitidos a este experimento tamén foi corto. Sen embargo, este tipo de estudos non se repiten nin con máis persoas nin máis tempo, xa que poñen en risco a saúde dos pacientes celíacos.

Realizado coa colaboración do Concello de Ferrol.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Close
Cart (0)

No products in the cart. No products in the cart.



Idioma