ASOCIACIÓN DE CELÍACOS DE GALICIA
É unha entidade de carácter privado, sen ánimo de lucro, creada en 1998, cuxo obxectivo fundamental é axudar a todas as persoas afectadas pola enfermidade celíaca e dermatite herpetiforme.
Agrupa con carácter voluntario a celíacos, pais/titores de nenos celíacos e a todos aqueles enfermos cuxo tratamento esixa manter unha dieta sen glute, a fin de tratar as solucións máis idóneas aos problemas de tipo social, psicolóxico e técnico que poden presentarse como consecuencia da súa condición.
Necesitamos asociarnos porque a unión fai a forza e cantos mais socios e socias pertenzan á asociación, mais sinxelo será conseguir logros e avances en torno á Comunidade celiaca.
COMO NACE?
Surxe en 1981 da man de Maria Teresa García (Presidenta) e Isabel Sastre (Vogal), entre ambalas dúas fanse cargo e a partires dese intre faise unha delegación que o principio atendíase dende a casa.
Non existía alimentación especial e houbo que traballar moi duro para que as administración públicas se involucrasen.
Primeiro entrouse a formar parte da “Asociación Nacional de Celiacos” e cando esta se disolveu creouse ACEGA (Asociación de Celiacos de Galicia
SERVIZOS QUE OFRECE A ASOCIACIÓN
• Información e recomendacións para levar correctamente unha dieta sen glute.
• Información sobre alimentos especiais sen glute e puntos de venda.
• Publicación anual dunha Lista de Alimentos permitidos na dieta dunha persoa celíaca, editada pola FACE ( Federación de asociacións de celíacos de España).
• Publicacións especializadas: revista Mazorca, manual do celíaco, receitarios, folletos, dípticos, boletíns, etc.
• Asesoramento sobre que facer cando se come fóra de casa (colexios, comedores colectivos, restaurantes, etc.)
• Actividades de convivencia e encontros entre os asociados.
• Actividades de convivencia e foros de encontros entre os asociados.
• Información sobre os últimos avances científicos sobre a E. C.
• Xornadas científicas dirixidas aos profesionais e á poboación en xeral.
• Cursos de cociña sen glute.
• Campañas de sensibilización social nos medios de comunicación.
• Posta en marcha de campañas como ‘Os reis meigos cos celíacos’, ‘A Hostalería cos celíacos’.
• Relación con firmas comerciais de alimentos, herbolarios e centros de dietética.
• Relación con hoteis e restaurantes.
• Relación con organismos públicos e privados (firma de convenios de colaboración).
• ACEGA Xoven é unha agrupación de persoas mozas entre os 18 e 35 anos, dentro de ACEGA creada coa finalidade de axudar aos mozos celíacos, organizando encontros anuais, charlas, etc.