ACEGA - Asociación de Celíacos de Galicia | 981 104 467 - 679 461 003 | [email protected]

Restauración sen Glute

Cómo obter o convenio FACE Restauración Sen Glute/Gluten Free ou o convenio con ACEGA “ Restauración Galega Sen Glute”?

Con FACE poden ter convenio de colaboración establecementos destas características, sempre que estean situados polo menos en dúas comunidades autónomas:

  • Cadeas de restauración
  • Cadeas hostaleiras
  • Cátering

Neste caso ACEGA poderá ter tamén convenio de colaboración con empresas desas características (restaurantes, hoteis e cátering), ainda sendo un establecemento único na comunidade autónoma. Ademais, poderán ter convenio de colaboración con obradoiros.

Como obter o convenio FACE Restauración Sen Glute/Glute- Free ou o convenio con ACEGA “Restauración Galega Sen Glute”?

O convenio ten como obxecto fixar o desenvolvemento das accións dirixidas para que o celiaco poida acceder aos alimentos sen glute ofrecidos por un establecemento.

O proceso consiste nunha supervisión dos procedementos que inclúe o estudo dos pratos ofertados, a formación do persoal e a revisión das instalacións onde se elabora o prato.

Esta supervisión realizarase de forma continua para evitar erros, mantendo a seguridade alimentaria en todo momento e as persoas celiacas poidan comer nos devanditos establecementos con total tranquilidade.

Para entrar neste convenio ou recibir información acerca del, contactar a través do mail: [email protected]

Restauración Sen Gluten

DESCARGAR LISTA ESTABLECEMENTOSDESCARGAR LISTA OBRADORES

Close
Cart (0)

Non hai produtos no carriño. Non hai produtos no carriño.



Language