ACEGA - Asociación de Celíacos de Galicia | 981 104 467 - 679 461 003 | [email protected]

Nos restaurantes

Unha das experiencias máis complicadas para unha persoa celíaca pode ser saír a comer fóra da casa. Para lidar con esta situación, FACE e as súas asociacións membro, tratan de prestar asesoramento ao máximo número de restaurantes posible para que ofrezan menús seguros para as persoas celíacas a través do programa FACE Restauración Sen Glute/Glute Free.

  • A condición de ser celíaco non debería impedir poder levar unha vida social normalizada, aínda que en ocasións resulta complexo participar con tranquilidade en actos sociais. Por exemplo: reunións de traballo, aniversarios e celebracións familiares, comuñóns ou vodas. Por iso, á hora de entrar nun bar ou restaurante é recomendable:
  • Escoller un establecemento asesorado que apareza na aplicación FACEMOVIL.
    Identificarse como persoa celiaca e explicar en que consiste a dieta sen glute para que a persoa que lle atenda saiba os alimentos que non se poden consumir.
  • A condición de que sexa posible facer a reserva con antelación. Preguntar ao persoal do establecemento as opcións que teñen sen glute.
  • Non dudar en preguntar os ingredientes e o proceso de elaboración dos pratos. Non todo o mundo coñece a enfermidade e o que supón a dieta sen glute.
  • Na maioría das cartas dos restaurantes (non asesorados) hay pratos sen glute (ensaladas, peixes e carnes á prancha, froitas, etc.). Pregunta ao persoal o modo de elaboración dos mesmos e os ingredientes que utilizan para saber se existe risco de contaminación cruzada.
  • En caso de celebracións (vodas, bautizos, comuñóns, etc.), é aconsellable ser previsor e advertir aos organizadores que se necesita unha dieta especial.

Segundo o Regulamento europeo (UE) Nº 1169/2011 sobre a información facilitada ao consumidor, os restaurantes teñen a obrigación de facilitar aos clientes que o pidan, a información sobre a presenza de alérgenos nos pratos que serven.

Close

Sign in

Close

Cart (0)

Cart is empty No products in the cart.

Celiacos Galicia

Asociación de Celíacos de Galicia



Language