Cómo obter o convenio FACE Restauración Sen Glute/Gluten Free ou o convenio con ACEGA “Restauración Galega Sen Glute”?
Con FACE poden ter convenio de colaboración establecementos destas características, sempre que estean situados polo menos en dúas comunidades autónomas:
- Cadeas de restauración
- Cadeas hostaleiras
- Cátering
Neste caso ACEGA poderá ter tamén convenio de colaboración con empresas desas características (restaurantes, hoteis e cátering), ainda sendo un establecemento único na comunidade autónoma. Ademais, poderán ter convenio de colaboración con obradoiros.
Como obter o convenio FACE Restauración Sen Glute/Glute- Free ou o convenio con ACEGA “Restauración Galega Sen Glute”?
O convenio ten como obxecto fixar o desenvolvemento das accións dirixidas para que o celiaco poida acceder aos alimentos sen glute ofrecidos por un establecemento.
O proceso consiste nunha supervisión dos procedementos que inclúe o estudo dos pratos ofertados, a formación do persoal e a revisión das instalacións onde se elabora o prato.
Esta supervisión realizarase de forma continua para evitar erros, mantendo a seguridade alimentaria en todo momento e as persoas celiacas poidan comer nos devanditos establecementos con total tranquilidade.
Para entrar neste convenio ou recibir información acerca del, contactar a través do mail: restauracionacega@gmail.com