ACEGA - Asociación de Celíacos de Galicia | 981 104 467 - 679 461 003 | [email protected]

Na compra

Á hora de facer a compra hai que ter en conta o tipo de produto que se vai a comprar e a etiquetaxe dos mesmos.
En referencia á etiquetaxe que se pode atopar neste tipo de produtos:

Regulamento (UE) nº 828/2014

  • Mención sen glute: Segundo o Regulamento europeo (UE) nº 828/2014, o produtos que leven na etiquetaxe a mención sen glute deben conter menos de 20 ppm (mg/kg).
  • Mención moi baixo en glute: Esta mención tamén está regulada polo Regulamento europeo (UE) 828/2014, permitindo que os produtos que a leven teñan 100 ppm (mg/kg). O problema que esta cantidade de glute causa dano intestinal ás persoas celiacas, converténdose a mención sen glute na única mención válida para as persoas celiacas.

Regulamento (UE) nº 1169/2011

  • Segundo o Regulamento europeo (UE) n º 1169/2011 os produtos alimenticios envasados deben ter no etiquetaxe información sobre os alérgenos na lista de ingredientes, aparecendo estes destacados tipográficamente ou indicando “contén” e o alérgeno en cuestión.
    Certificacións
  • Marca Rexistrada “Espiga Barrada” ( ELS).

Hai que ter en conta que se poden atopar no mercado produtos con amidón de trigo como ingrediente que son aptos para celíacos, xa que o amidón pode separarse do glute a través dun proceso denominado molturación húmida.

Para elixir os produtos é importante clasificalos en xenéricos, convencionais, específicos e non aptos:

  • Xenéricos: exentos de glute por natureza. Pódense consumir de calquera marca.
  • Convencionais: Depende dos seus ingredientes e proceso de elaboración que conteñan glute ou non. Para saber se o produto é apto pódese comprobar se aparece na Lista de alimentos sen glute de FACE ou na aplicación FACEMOVIL, se ten a certificación do Sistema de Licenza Europeo ( ELS), a espiga barrada ou a Marca de Garantía “Controlado por FACE” ou se leva a mención “sen glute”.
  • Específicos: Son os produtos elaborados especificamente para celíacos. Deben ter as certificacións, aparecer na Lista de alimentos sen glute ou en FACEMOVIL ou levar a mención “sen glute”.
  • Non aptos: Son aqueles que conteñen cereais con glute ou derivados ademais de produtos elaborados artesanalmente e/ou a granel. A contaminación cruzada é común nos produtos a granel. Por iso, recoméndase solicitar información sobre os alérgenos ao encargado do establecemento.

A contaminación cruzada é común nos produtos a granel. Por iso, recoméndase solicitar información sobre os alérgenos ao encargado do establecemento.

*Os produtos considerados “xenéricos” (sen glute) poden consumirse de calquera marca. Con todo, detectáronse no mercado etiquetaxes preventivas que indican “pode conter glute” ou “pode conter trazas”. Por iso recomendamos ler a etiqueta do produto e adquirir só aquelas marcas que non indican este tipo de información.

Close
Cart (0)

Non hai produtos no carriño. Non hai produtos no carriño.



Idioma