ACEGA - Asociación de Celíacos de Galicia | 981 104 467 - 679 461 003 | [email protected]

Na compra

Á hora de facer a compra hai que ter en conta o tipo de produto que se vai a comprar e a etiquetaxe dos mesmos.
En referencia á etiquetaxe que se pode atopar neste tipo de produtos:

Regulamento (UE) nº 828/2014
Mención sen glute: Segundo o Regulamento europeo (UE) nº 828/2014, os produtos que leven na etiquetaxe a mención sen glute deben conter menos de 20 ppm (mg/kg).
Mención moi baixo en glute: Esta mención tamén está regulada polo Regulamento europeo (UE) 828/2014, permitindo que os produtos que a leven teñan 100 ppm (mg/kg). O problema é que esta cantidade de glute causa dano intestinal ás persoas celíacas, polo que a mención “sen glute” é a única válida para .este colectivo.

Regulamento (UE) nº 1169/2011
Según o Regulamento europeo (UE) n º 1169/2011 os produtos alimenticios envasados deben ter na etiquetaxe información sobre os alérgenos na lista de ingredientes, aparecendo estes destacados tipográficamente ou indicando “contén” e o alérgeno en cuestión.

CERTIFICACIÓNS

Marca rexistrada espiga barrada ELS

Hai que ter en conta que se poden atopar no mercado produtos con amidón de trigo como ingrediente que son aptos para celíacos, xa que o amidón pode separarse do glute a través dun proceso denominado molturación húmida.

Para elixir os produtos é importante clasificalos en xenéricos, convencionais, específicos e non aptos:
Xenéricos: exentos de glute por natureza. Pódense consumir de calquera marca.

Convencionais: Depende dos seus ingredientes e proceso de elaboración que conteñan glute ou non. Para saber se o produto é apto pódese comprobar se aparece na Lista de alimentos sen glute de FACE ou na aplicación FACEMOVIL, se ten a certificación do Sistema de Licenza Europeo ( ELS), a espiga barrada ou a Marca de Garantía “Controlado por FACE” ou se leva a mención “sen glute”.
Específicos: Son os produtos elaborados especificamente para celíacos. Deben ter as certificacións, aparecer na Lista de alimentos sen glute ou en FACEMOVIL ou levar a mención “sen glute”.
Non aptos: Son aqueles que conteñen cereais con glute ou derivados ademais de produtos elaborados artesanalmente e/ou a granel. A contaminación cruzada é común nos produtos a granel. Por iso, recoméndase solicitar información sobre os alérgenos ao encargado do establecemento.

Os produtos considerados “xenéricos” (sen glute) poden consumirse de calquera marca. Con todo, detectáronse no mercado etiquetaxes preventivas que indican “pode conter glute” ou “pode conter trazas”. Por iso recomendamos ler a etiqueta do produto e adquirir só aquelas marcas que non indican este tipo de información.

Close

Sign in

Close

Cart (0)

Cart is empty No products in the cart.

Celiacos Galicia

Asociación de Celíacos de Galicia



Language