ACEGA - Asociación de Celíacos de Galicia | 981 104 467 - 679 461 003 | [email protected]

Na túa contorna

É importante explicar a nosa contorna que é a enfermidade celiaca (EC), que necesidades ten a persoa que a padece e cal é a forma correcta de realizar a dieta sen glute (DSG) indicando que é o ÚNICO TRATAMENTO para a patoloxía.

Algúns consellos que poden ser de utilidade:

  • Contacta coa asociación de celiacos máis próxima: En primeiro lugar, é recomendable contactar coa asociación de celiacos da túa comunidade, no caso de Galicia: ACEGA. Xa que poderemos facilitarche as ferramentas necesarias para coñecer a enfermidade, o seu seguimento, ofrecerche pautas e axudarche a aprender a realizar unha DSG 100% segura. Ademais, detallaranche que cambios se deben realizar na casa para evitar o risco de sufrir contaminación cruzada.
  • Comunicación fluída na familia: Se o diagnosticado é un neno/a recorda que dispomos de contos e diverso material para que dende un primeiro momento coñeza e entenda a súa enfermidade, normalizando a situación e respondendo sempre ás súas dúbidas e inquietudes…
  • Educación sobre a DSG: É importante explicar na nosa contorna (familia, amigos, colexios, traballo, actividades,etc.) que alimentos se poden consumir e cales non lembrando a importancia de evitar a contaminación cruzada explicando cales son as consecuencias de que se produzan transgresións da dieta.
  • Cociñar na casa: Involucrar a toda a familia á hora de cociñar e facer a compra é unha maneira diferente e divertida de aprender sobre a enfermidade. Ademais os cursos de cociña ofrecidos por ACEGA aprenderanche a elaborar deliciosas receitas sen glute sinxelas e ante todo seguras.
  • Comer fóra da casa: É imprescindible que as persoas celiacas se identifiquen e recalquen a necesidade de realizar DSG en calquera situación na que exista un risco potencial de consumir glute.

Un lugar que preocupa especialmente aos pais e nais de nenas e nenos celiacos é o colexio, onde tanto o profesorado como os responsables do COMEDOR ESCOLAR deberán ter coñecemento de que hai alumnado celiaco.
Se no centro, hai un comedor, débese ter en conta o artigo 40 da lei 17/2011 de seguridade alimentaria e nutrición que fai referencia ás seguintes medidas:

  • O centro educativo programará de maneira detallada e mensual os menús para persoas celiacas, estando sempre ao dispor dos pais ou titores. Para iso é necesario confirmar a existencia de EC cun xustificante médico.
  • No caso de que as instalacións do comedor escolar non resulten idóneas para levar unhas boas prácticas de manipulación e cociñado, deberase proporcionar un espazo de uso exclusivo para os alimentos proporcionados pola familia dos nenos e nenas, como é o caso dos medios de refrixeración e quecemento adecuados, ademais de utensilios necesarios e exclusivos para a manipulación destes.

Polo tanto, os centros educativos que consten de comedores nas súas instalacións non poderán negarse a facilitar estes menús especiais, a non ser que as condicións (almacenamento, manipulación incorrecta, posible contaminación cruzada, etc.) impliquen un alto risco na seguridade deste colectivo.


RECORDA QUE DENDE ACEGA PODEMOS ASESORAR E FORMAR O PERSOAL DOCENTE E DE COMEDOR PARA ELABORAR UN CORRECTO MENÚ SEN GLUTE, CONTACTA CON NÓS

FORMACIÓN A RESTAURANTES

Tal cal se explica no apartado de restaurantes, FACE ofrece un programa de restauración colectiva: FACE Restauración Sen Glute/ Gluten – Free. Ademais, ACEGA tamen realiza este protocolo a nivel rexional para aqueles restaurantes que mostren interese en ofrecer opcións sen glute, mediante un convenIo chamado “Restauración Galega Sen Glute”. Desta maneira, co labor conxunto de FACE e as asociacións de celiacos, existen en España segundo os datos de agosto de 2018 máis de 4300 restaurantes colaboradores que se comprometen a dar un menú sen glute apto para persoas celiacas.

PROGRAMA RESTAURACIÓN EN GALICIA SEN GLUTE

Con FACE poden ter convenio de colaboración establecementos que teñan locales en mais dunha comunidade autónoma:
• Cadeas de restauración
• Cadeas hoteleiras
• Catering
Por outra banda, dende ACEGA, levamos a cabo o programa RESTAURACIÓN EN GALICIA SEN GLUTE, onde axudamos a que os pequenos establecementos e obradores…, situados dentro da Comunidade Autónoma de Galicia estén informados e formados de como elaborar un menú Sen Glute de maneira segura.
Mediante un convenio de colaboración entre a Asociación de Celiacos de Galicia (ACEGA) e a consellería de Política Social da Xunta de Gallicia, proporcionamos formación personalizada para todo o persoal dos establecementos asesorados, acompañándoos no proceso de adaptación de cartas e menús sen glute, para que así obteñan o selo de calidade que ACEGA e a Xunta de Galicia ofrecen aos restaurantes aptos para celiacos.
Se necesita información ou formación para elaborar o seu menú sen glute nós ofrecémoslla, polo tanto non dubide en contactar con nós no correo: [email protected] ou nos teléfonos 622 154 945 (Nuria), 647 681 162 (Gloria).
¿QUE CONLEVA O SELO DE RESTAURACIÓN SEN GLUTE?
Obter o selo de restaurante ou obrador apto para celíacos, implica calidade e confianza para os seus clientes celíacos e os seus familiares.
Coa obtención deste selo o seu persoal estará preparado para atender as necesidades do colectivo celíaco, ademais, o seu establecemento será o obxectivo de varias promocións, entre as que se inclúen:
• Inclusión na listaxe de restaurantes aptos para celíacos de ACEGA e difusión entre os seus socios.
• Inclusión dos datos do establecemento na App de FACE (Federación de Asociacións de celíacos de España) FACEMOVIL, onde calquera usuario Español ou estranxeiro pode consultar os locais con menú sen glute distribuídos por zonas.
• Difusión a través de varias revistas e materiais de difusión da Asociación.
¿COMO O FACEMOS?
Para poder ofrecer un menú sen glute con todas as garantías, a colaboración entre establecemento e asociación debe ser estreita. Por iso, poñemos a sua disposición diferentes materiais e formas de contacto para facilitar o seu traballo.
Os pasos para seguir serán:
1. Formación do persoal de sala e cociña menú sen glute- Inspección de cociñas e asesoramento en menús sen glute.
2. Entrega de lista de alimentos aptos para celíacos ou aplicación móvil de consulta, así como formación para o seu correcto uso.
3. Control analítico de presenza de glute nos pratos elaborados.
4. Auditoría semestral.
5. Consultoría acerca de alimentación sen alérxenos as 24 horas do día os 365 días do ano mediante correo electrónico, e telefónica de luns a sábado.

A condición de padecer a EC non debería nunca impedir o poder levar unha vida social normalizada, aínda que en ocasións resulta máis complexo participar con tranquilidade en actos sociais.

Close

Cart (0)

Cart is empty No products in the cart.

Celiacos Galicia

Asociación de Celíacos de Galicia



Language