ACEGA - Asociación de Celíacos de Galicia | 981 104 467 - 679 461 003 | [email protected]

Que é o Glute?

O glute é unha proteína que se atopa na semente de moitos cereais coma o trigo, a cebada, o centeo, o triticale, a espelta e algunhas variedades de avea, así como os seus híbridos e derivados.

O gran destes cereais non está composto unicamente por glute, senón que existen outras partes, coma o amidón, o xerme ou o salvado, que se se extraen mediante un proceso tecnolóxico e cun control exhaustivo, poderíanse empregar como ingredientes en alimentos sen glute.

O glute é o responsable da elasticidade da masa de fariña e confire a consistencia e esponxosidade dos pans e masas enfornadas. Por este motivo é apreciado en alimentación, polo seu poder espesante.

Moitas persoas son incapaces de dixerir esta proteína por completo xa que tras a inxesta xéranse fragmentos proteicos que se detectan como tóxicos e activan o sistema inmunolóxico, o que desencadea unha reacción adversa.

Eses fragmentos tóxicos denomínanse prolaminas que á súa vez se compoñen de gliadinas e gluteninas (trigo). Eses fragmentos cambian de nome dependendo do tipo de cereal, aveninas en avea, hordeinas en cebada, secalinas en centeo.

Close

Sign in

Close

Cart (0)

Cart is empty No products in the cart.

Celiacos Galicia

Asociación de Celíacos de Galicia



Language