ACEGA - Asociación de Celíacos de Galicia | 981 104 467 - 679 461 003 | [email protected]

I Feira gastronómica de Galicia sen glute

Con motivo da celebración do Día Nacional do Celíaco, dende ACEGA decidimos organizar a I Feira Gastronómica en Galicia Sen Glute. Celebrarase o domingo 29 de maio no Hotel OCA Puerta del Camino, en Santiago de Compostela, de 11:00h a 19:00h, e gustaríanos contar con vós!

Que vou atopar na I Feira Gastronómica Sen Glute galega?

  • Postos de comida sen glute dos nosos obradoiros asesorados e casas comerciais
  • Showcookings
  • Actuacións musicais
  • Animación infantil
  • Sorteos

E moito máis! Atento ás nosas redes! Iremos desvelando máis sorpresas…

Coa entrada poderás degustar un menú que consistirá en:

  • Croquetas de La Sastrería
  • Pan de queixo de Croquetería el Crack
  • Empanada de Nel Freire
  • Taco mexicano (Hotel OCA Puerta del Camino con tortilla de Tierra de Alebrijes)
  • Bocadillo (Pan de Amaranto Concept Store e embutido de Torre de Nuñez)
  • Sobremesa de Pastelería Santy
  • Auga/refrescos/cervexa/viño
  • Café

*O menú infantil inclúe croquetas, pan de queixo, bocadillo, sobremesa e auga.

 

Que teño que facer para asistir?

Se queres asistir ao gran evento sen glute do ano, so tes que anotarte a través do seguinte formulario ou chamando aos teléfonos de ACEGA (981 104 467 ou 679 461 003).

O prezo da entrada (menú degustación incluído) é:

  • Gratuíto: celíacos ou nenos de 5 anos ou menos
  • 20€: entrada adulto (socios ou familiares) non celíacos (a partir de 13 anos)
  • 10€: entrada infantil (6-12 anos)

*Os celíacos teñen que estar rexistrados na nosa base de datos.

Haberá aforo limitado e acceso preferente para socios. Anótate antes do 20 de maio!

→ Formulario de Inscripción á Feira:

"*" indicates required fields

Please enter a number from 0 to 4.
Termos e condicións*
Close
Cart (0)

Non hai produtos no carriño. Non hai produtos no carriño.



Language