
Con motivo da celebración do Día Nacional do Celíaco, dende ACEGA decidimos organizar a I Feira Gastronómica en Galicia Sen Glute. Celebrarase o domingo 29 de maio no Hotel OCA Puerta del Camino, en Santiago de Compostela, de 11:00h a 19:00h, e gustaríanos contar con vós!
Que vou atopar na I Feira Gastronómica Sen Glute galega?
- Postos de comida sen glute dos nosos obradoiros asesorados e casas comerciais
- Showcookings
- Actuacións musicais
- Animación infantil
- Sorteos
E moito máis! Atento ás nosas redes! Iremos desvelando máis sorpresas…
Coa entrada poderás degustar un menú que consistirá en:
- Croquetas de La Sastrería
- Pan de queixo de Croquetería el Crack
- Empanada de Nel Freire
- Taco mexicano (Hotel OCA Puerta del Camino con tortilla de Tierra de Alebrijes)
- Bocadillo (Pan de Amaranto Concept Store e embutido de Torre de Nuñez)
- Sobremesa de Pastelería Santy
- Auga/refrescos/cervexa/viño
- Café
*O menú infantil inclúe croquetas, pan de queixo, bocadillo, sobremesa e auga.
Que teño que facer para asistir?
Se queres asistir ao gran evento sen glute do ano, so tes que anotarte a través do seguinte formulario ou chamando aos teléfonos de ACEGA (981 104 467 ou 679 461 003).
O prezo da entrada (menú degustación incluído) é:
- Gratuíto: celíacos ou nenos de 5 anos ou menos
- 20€: entrada adulto (socios ou familiares) non celíacos (a partir de 13 anos)
- 10€: entrada infantil (6-12 anos)
*Os celíacos teñen que estar rexistrados na nosa base de datos.
Haberá aforo limitado e acceso preferente para socios. Anótate antes do 20 de maio!
→ Formulario de Inscripción á Feira:
"*" indica campo obligatorio
