ACEGA | Asociación Galega de Celíacos 981 104 467 - 679 461 003 | [email protected]
Atención ao público: Martes - Xoves: 9:30 a 13:30. Mércores: 9:30 a 13:30 - 17:00 a 19:30

Comunicado Pontedetapas 2025

Ante o inminente comezo do concurso “Pontetapas” en Pontevedra, A Asociación de  Celíacos de Galicia (ACEGA) vese na obriga de comunicar a desvinculación total e absoluta da organización de este concurso. Polo tanto ACEGA NON participa nin colabora de xeito algún con este evento.

A nosa desvinculación fundamentase en causas alleas á nosa entidade, derivadas dun problema na organización do concurso.

Queremos deixar claro que ACEGA non revisou nin supervisou as tapas presentadas neste evento, nin tivo participación ningunha na súa preparación, valoración ou difusión.

Lamentamos calquera confusión que poida terse xerado entre as persoas asistentes ou establecementos participantes, e reafirmamos o noso compromiso coa seguridade alimentaria das persoas celíacas e coa promoción dunha oferta hostaleira sen glute fiable e contrastada.

ACEGA está a colaborar en múltiples concursos de Galicia, pero sempre de forma coordinada coa organización de xeito que as tapas sexan seguras para o colectivo celíaco, polo tanto ante a imposibilidade de garantir tal premisa neste concurso, vémonos na obriga de desvincularnos do mesmo, esperando en futuras ocasións, sexa tido en conta o noso colectivo e se conte coa nosa labor de voluntariado para a revisión, corrección e valoración de tapas.

Quedamos a súa disposición para calquera aclaración, nos teléfonos de ACEGA ou no mail:

info@celiacosgalicia.es

Tlf: 981 10 44 67; 679 46 10 03

Deixa unha resposta

Close
Cart (0)

Non hai produtos no carriño. Non hai produtos no carriño.



Idioma