Son Mariña! A historia dunha nena celíaca é un libro publicado pola Asociación de Celíacos de Galicia (ACEGA), coa colaboración de Supermercados Gadis e o Concello de Ferrol. Trátase da historia dunha nena que diagnostican de celiaquía. A través da pequena Mariña, os máis pequenos/as poden comprender tanto os sentimentos da nena como as cousas que debemos ter en conta cando temos un amiguiño/a con celiaquía.
Un conto dirixido a nenos/as para que se divirtan mentres aprenden sobre a Enfermidade Celíaca, inclusión e vida saudable.
O libro, escrito en galego, contou coa colaboración de R.J. Peralta e ilustracións e deseño de Blanca Millán.

