ACEGA | Asociación Galega de Celíacos 981 104 467 - 679 461 003 | [email protected]
Atención ao público: Martes - Xoves: 9:30 a 13:30. Mércores: 9:30 a 13:30 - 17:00 a 19:30

Recomendacións

  • Utilizar alimentos que no seu estado natural non conteñan glute: leite, carne, peixe, ovos, verduras, hortalizas, froita, etc.
  • Naquelas casas nas que hai un celíaco, recoméndase eliminar as fariñas e o pan relado de trigo e utilizar no seu lugar fariña de millo, fariñas e pan relado sen glute ou flocos de puré de pataca. Desta forma, moitos dos alimentos que se preparen pódeos tomar toda a familia, incluído o celíaco.
  • Ao consumir produtos elaborados débese ter en conta a edición vixente en cada momento da “Lista de Alimentos” -pois renóvanse constantemente- elaborada por FACE (Federación de Asociacións de Celíacos de España) e en caso de dúbida consultar coas Asociacións de Celíacos.
  • Non fritir alimentos sen glute en aceite onde se fritiron, rebozado, empanado… previamente alimentos con glute.
  • Non cocer alimentos aptos para celíacos na auga usada para alimentos con glute.
  • Evitar o consumo de manteigas, cremas de cacao, queixos, patés… cos que se han untado produtos con glute, pois adoitan quedar restos ou faragullas neles.
  • Preparar antes os pratos sen glute para evitar contaminación cruzada.
  • Os guisos deben elaborarse desde o principio con alimentos e ingredientes sen glute, pois en caso de equivocación non é suficiente con retirar o alimento non apto porque contamina o resto.
  • Dispoñer dun armario para almacenar exclusivamente os alimentos especiais sen glute.
  • No caso do frigorífico é recomendable que os produtos sen glute estean na parte superior, así se evitan riscos de contaminación con algún produto con glute.
  • Identificar correctamente as materias primas sen glute para evitar erros e/ou contaminacións cruzadas.
  • Os produtos sen glute para conxelar, cociñados previamente, gardaranse en recipientes selados e sempre identificados con etiquetas escritas con bolígrafos indelebles e separados dos produtos con glute.
  • Precaución na manipulación dos alimentos. Sempre debemos preparar o produto sen glute de forma separada fisicamente do resto, para evitar problemas de contaminación cruzada.
  • Evitar preparar o produto sen glute na mesma táboa ou encimera onde se traballou previamente algo con glute.
  • Para amasar, o lugar ou a máquina deben estar ben limpos e sen restos de produtos que poidan conter glute. Poñer papel de aluminio ou de forno sobre placas e superficies que poidan estar contaminadas.
  • Non compartir maquinaria, equipos, nin utensilios para cociñar con e sen glute simultaneamente. Utensilios limpos e sen restos (ferro, culler, tixola etc.)
  • O forno ou microondas pódense usar sempre que se limpe adecuadamente, para o que se aconsella repasar todo o seu interior cun pano húmido, permitindo eliminar pequenas partículas de glute.
  • Precaución para evitar contaminacións a través das mans e roupa.
  • Lavar ben as mans se cociñamos simultaneamente produtos con e sen glute.
  • Tostador de pan para uso exclusivo do celíaco.
Close
Cart (0)

Non hai produtos no carriño. Non hai produtos no carriño.



Idioma