I XORNADAS DE FORMACIÓN E ENCONTRO
Non é ningún segredo que os galegos somos moi de pararnos na rúa, de mandarnos audios infinitos, gústanos falar, gústanos a xente. Como o noso clima, é algo que levamos no ADN.
Por iso pensamos que, despois de tanto tempo, era hora de volver vernos as caras, de comentar fóra da pantalla o noso día a día coa enfermidade celíaca, as dificultades, e por suposto, as grandes vitorias que estamos a conseguir pasiño a pasiño.
O próximo 13 de novembro imos organizar as nosas I Xornadas de Formación e Encontro na cidade de Pontevedra con algúns dos nosos grandes amigos, por iso mesmo, esperamos atoparte alí.
#XuntosÉmáisDoado
9:30h| SESIÓN INAUGURAL. Presentación e conferencia.
Pilar Vence. Delegada en Pontevedra e Secretaria da Asociación de Celíacos de Galicia.
10:00h| RELATORIO. Efectos psicolóxicos da enfermidade celíaca en nenos e adultos.
Dr. Ricardo Fueyo. Licenciado en Psicoloxía Clínica, Educativa, Social e do Traballo. Profesor da Universidade de Zaragoza e membro da Asociación de Celíacos Aragonesa.
11:00h| PAUSA – CAFÉ.
11:30 h | MESA REDONDA. Cómo afecta a enfermidade celíaca ó noso día a día? Efectos psicolóxicos da enfermidade celíaca en nenos e adultos.
Olaia Maneiro. Cantante do grupo Tanxugueiras
Laura Piñeiro. Creadora de contido en @somoscampistas
Beatriz Alcalá. Xerente de Cafetería la Zapatería del Abuelo
Lidia Filgueira. Creadora de contido en @lidiadisfrutasingluten
Modera Gloria Bernárdez. Vicepresidenta da Asociación de Celíacos de Galicia.
13:30h | PECHE DO ACTO.
Sábado 13 de novembro de 2021.
Salón de actos do Pazo da Cultura, Pontevedra.
Ou séguenos en directo en celiacosgalicia.es
Por favor, confírmanos a túa asistencia:
info@celiacosgalicia.es
Teléfono: 981 104 467
WhatsApp: 679 461 003