Os Reis Magos cos Celíacos 2023
Dende a Asociación de Celíacos de Galicia, un ano máis, puxemos en marcha a campaña “Os Reis Magos cos Celíacos”. Contactamos con todos os Concellos de Galicia para que os Reis Magos repartan caramelos aptos para celíacos. Agradecemos a colaboración de todos os Concellos que atenderon as nosas peticións e repartirán caramelos sen glute.
A CORUÑA
A ILLA DE AROUSA
A LARACHA
A POBRA DO CARAMIÑAL
AMES
ARZÚA
AS PONTES
BERGONDO
BOIMORTO
BOQUEIXÓN
BURELA
CABANAS
CAMBADOS
CAMBRE
CANGAS
CEDEIRA
CERVO
CORCUBIÓN
CORISTANCO
FENE
FERROL
LUGO
MALPICA DE BERGANTIÑOS
MESÍA
MIÑO
MONFORTE
MOS
NARÓN
NEDA
NEGREIRA
NIGRÁN
O CARBALLIÑO
O IRIXO
O PINO
O PORRIÑO
OIMBRA
OLEIROS
OROSO
OURENSE
PADRÓN *
PALAS DE REI
POIO
PONTEDEUME
PONTEVEDRA
PORTO DO SON
QUIROGA
RIBEIRA
SALCEDA DE CASELAS
SANTIAGO DE COMPOSTELA
SANXENXO
SOUTOMAIOR
VALDOVIÑO
VIGO **
VILAGARCÍA DE AROUSA
VILASANTAR
XINZO DE LIMIA
Ademais…
- No concello de Ames, na festa posterior á Cabalgata ofrecerán tamén rosca sen glute.
- O concello de Fisterra dará bolsas de caramelos sen glute baixo petición.
- No concello de Mesía tamén ofrecerán chocolate quente sen glute.
- No concello de Oroso, na recepción dos Reis Magos ofrecerán vasiños de froita e galletas aptas para celíacos (ata esgotar existencias).
- No concello de Porto do Son, despois da Cabalgata de Reis repartirán bolsas de chucherías sen gute.
* No concello de Padrón só serán sen glute os caramelos brandos que repartan os Reis Magos.
**No concello de Vigo, as carrozas municipais repartirán caramelos sen glute, estas son: As carrozas dos 3 Reis Magos, a Carteira Real e a Policía Local.
NOTA: Lembrámosvos que estes Concellos só se fan responsables das carrozas que dependen deles, NON das que organizan firmas comerciais de carácter privado.