ACEGA - Asociación de Celíacos de Galicia | 981 104 467 - 679 461 003 | [email protected]

PADECER VIH, DIABETES, ENFERMIDADE CELIACA OU PSORIASIS XA NON É UN MOTIVO DE EXCLUSIÓN PARA O ACCESO A POSTOS DE EMPREGO PÚBLICO A NIVEL NACIONAL

O Goberno de España fixo pública a aprobación da oferta de emprego público do ano 2022, que inclúe as convocatorias ao Corpo da Garda Civil e á Policía Nacional.  Desde a modificación dos cadros de exclusión médica en 2018, padecer VIH, diabetes, enfermidade celiaca ou psoriasis xa non é un motivo de exclusión para o acceso a este postos de emprego, a nivel nacional. Esta medida supón un dos maiores avances en igualdade laboral para as persoas que conviven con estas patoloxías en España.

CESIDA, FACE, FEDE, FELGTB, Traballando en positivo e Acción Psoriasis, no seu compromiso cos colectivos aos que representan, uníronse no grupo “DiscriminadosXSalud” para dar unha resposta contra a discriminación laboral que sofren por mor das enfermidades que padecen. Si hoxe isto é unha realidade é grazas a esta unión.

Aínda que as bases da convocatoria aínda están pendentes de publicación, desde a Administración Pública garántese que as persoas con estas patoloxías non se atoparán con barreiras no acceso a empregos como Policía Nacional ou Garda Civil. Tal e como aparece no texto publicado no BOE número 124, do 25 de maio de 2022, “as convocatorias que se publiquen derivadas desta oferta de emprego público adecuaranse ao establecido polo Acordo do Consello de Ministros, do 30 de novembro de 2018, polo que se aproban instrucións para actualizar as convocatorias de probas selectivas de persoal funcionario, estatutario e laboral, civil e militar, en orde a eliminar certas causas médicas de exclusión no acceso ao emprego público”.

É por iso polo que, en caso de detectarse algún caso de discriminación en relación a estas convocatorias, Función Pública confirmou que se estudará de maneira individualizada cada un deles. Para iso, FACE encargarase de remitir cada caso da persoa con enfermidade celiaca afectada. O candidato ou candidata con enfermidade celiaca que poida verse afectado debe notificar o seu caso á asociación de pacientes membro de FACE na que estea asociado, antes de iniciar calquera outro proceso. Desta forma, poderanse iniciar os trámites pertinentes.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Close
Cart (0)

Non hai produtos no carriño. Non hai produtos no carriño.



Idioma