ACEGA - Asociación de Celíacos de Galicia | 981 104 467 - 679 461 003 | [email protected]

II Xornada de Restauración sen Gluten

Gloria Bernárdez: “en Galicia temos unha hostalaría moi fiable e altamente formada na restauración sen glute e isto é importante comunicalo”

● ACEGA destaca a falta de información e formación continua por parte do sistema sanitario no ámbito da enfermidade celíaca; malia que cada vez existen máis ferramentas e estudios para detectala.
● “A celiaquía e unha enfermidade. Non é un capricho, nin unha dieta, nin unha moda. É cada vez máis coñecida pero ainda falta moito traballo por facer” asegurou Gloria Bernárdez, Presidenta de ACEGA.
● “O celíaco é un cliente moi fiel e mobiliza a todo o seu entorno. A Hostalería está adaptándose a este tipo de sensibilidades, con todo falta información e preparación” afirma Thor Rodríguez, Presidente de Hostalaría Compostela.

Santiago de Compostela, luns 21 de febreiro 2022

O centro sociocultural de Vite ‘José Saramago’ acolleu a II Xornada de Restauración sen Glute, organizada pola Asociación de Celíacos de Galicia (ACEGA), coa colaboración da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, da Asociación Hostalaría Compostela, entre outros. A presidenta de ACEGA, Gloria Bernández, e o presidente de Hostalaría Compostela, Thor Rodríguez, inauguraron o evento ás 10:00

horas. A xornada continuou coa intervención de Nuria Colmenero, que explicou o programa ‘Restauración en Galicia Sen Glute’.

A presidenta, Gloria Bernárdez, comentou que “dende que se publicou a Lei de alerxenos 1169/2014, ACEGA comezou a adicar moitos máis recursos para formación dos restaurantes” . E como exemplo deste traballo participou nesta xornada, a xerente de La Sastrería (A Coruña), Sandra Varela, o primeiro restaurante que asesoraron dende ACEGA, a cal destacou a importancia do traballo da Asociación Celíacos de Galicia e o valor analítico aportado para o seu negocio.

Bernárdez aproveitou este evento para anunciar que “este ano 2022, dende ACEGA, van un paso máis alá. Farán un gran esforzo e destinarán gran parte dos seus recursos a que o 100% das analíticas aos restaurantes se fagan en laboratorio”. E quixo deixar moi patente que non hai graos de celiaquía nin comer sen glute é unha moda”.

A continuación, Thor Rodríguez moderou a mesa ‘A importancia da comunicación na hostalaría’, con Alberto Travesa, da revista ‘La Alacena Roja’, e Uxía Álvarez, de SOC Comunicación.

Thor destacou que “o celíaco é un cliente moi importante para o sector, dado que condiciona e mobiliza ao seu entorno á hora de escoller un restaurante” . Ao que engadiu: “se ofertamos un menú íntegramente celíaco ou con unha maioría de opcións sen glute, atraeremos a un colectivo moito máis alá dos celíacos. O celíaco é un cliente moi fiel. Probablemente o máis fiel que coñezo, e con el acode toda a familia ou grupo de amigos. Case podemos dicir que o 100% do seu entorno empatiza con él

A xornada rematou cunha mesa de hostalaría na que participaron representantes de establecementos asesorados por ACEGA: Sara Cantón, do Obrador Pan Para Todos (Vigo); Sandra Varela, do restaurante A Sastrería (A Coruña); Yolanda Buceta, do Obrador Ecogalletas (Padrón); e Sergio Delpont, do restaurante O Sendeiro (Santiago).

Sergio Delpont, xerente de O Sendeiro (Santiago), destaca que “deberemos seguir formando non só aos restaurantes, non só comunicar e traballar para o colectivo da hostelería” coincidindo con Bernárdez en que “é necesario formar á sociedade.

Continuou dicindo que “preséntanse moitas situacións moi complicadas, chegan moitos clientes dicindo que lle poñas o primeiro e o segundo prato sen glute, pero a sobremesa con glute, que un pouco non lle afecta. Estas situacións non imaxinan o que afecta para o funcionamento do restaurante, porque ninguén sabe o traballo que hai dentro da cociña para evitar a contaminación cruzada.” Ao que engade Delpont “é importante comunicalo ben; é básica a comunicación nese aspecto e para iso é vital a difusión en medios e redes sociais.”

A subdirectora da Dirección Xeral de Familia, infancia e dinamización demográfica da Xunta de Galicia, Cristina Blanco Aragón, clausurou o acto recoñecendo a labor que está realizando ACEGA para visibilizar esta enfermidade en todos os ámbitos e especialmente traballando na formación especializada da hostalaría.

O Proxecto “Restauración en Galicia Sen Glute”

“Restauración en Galicia Sen Glute” é un proxecto da Asociación de Celíacos de Galicia que conta coa colaboración da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia. A través del, ofrecen información e formación aos establecementos hostaleiros de maneira gratuíta acerca de como elaborar un menú sen glute de maneira segura e libre de contaminación cruzada.

Ademais do asesoramento personalizado, os establecementos que forman parte do proxecto sométense a controis analíticos por parte da asociación e contan cun selo de calidade que o identifica como establecemento apto para celíacos.

Por outra banda, dende ACEGA dan difusión a todos os establecementos que forman parte do proxecto, para así facilitar que as persoas celíacas podan acceder a unha hostalaría máis segura para eles.

ACEGA destinou unha gran cantidade de analíticas in situ en todos os restaurantes que levan formado en toda a súa traxectoria, que xa superan os 200 restaurantes en toda Galicia, chegando a ser a segunda comunidade autónoma que acadou máis restaurantes formados neste ámbito.

Celiaquía: ¿enfermidade autoinmune ou alerxia alimentaria?

Dende hai uns poucos anos, a celiaquía catalógase como enfermidade autoinmune e non como unha alerxia alimentaria, dado que esta doenza parte dun xen do propio enfermo e é incurable. Polo que este logro, que é o recoñecemento de enfermidade crónica e non unha mal chamada alerxia ou intolerancia alimentaria, enorgullece aos membros de ACEGA tras un longo traballo de visibilización.

Segundo a presidenta, “xa non é problema do descoñecemento da enfermidade celíaca pola poboación xeral se non tamén por parte da nosa sanidade. Falta información e formación e temos que ir a veces petar a porta do médico para explicar o que é a enfermidade en sí, que hai novos protocolos de diagnóstico, e moitos deles non o aplican. É precisa unha modernización e formación continua do sistema sanitario”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Close
Cart (0)

No products in the cart. No products in the cart.



Idioma