ACEGA - Asociación de Celíacos de Galicia | 981 104 467 - 679 461 003 | [email protected]

Sabías que as sociedades científico médicas recomendan que se realicen probas para a detección da enfermidade celíaca tras o diagnóstico de diabetes miellitus tipo 1?

Hoxe, 14 de novembro é o Día Mundial da Diabetes. É por iso que queremos falarche da relación desta patoloxía coa enfermidade celíaca, unha relación moi estreita lonxe do que poida parecer.

A diabetes mellitus é un trastorno metabólico crónico que se caracteriza pola presenza de niveis elevados de glicosa (azucre) en sangue, o que se coñece como hiperglucemia. Esta enfermidade está asociada cunha deficiencia parcial na produción de insulina e/ou co efecto da súa acción.

A insulina é unha hormona que produce o páncreas cando aumentan os niveis de glicosa co fin de permitir a entrada desta dentro das células e que a poidan utilizar para producir enerxía.

Existen varios tipos de diabetes, pero unha das máis comúns é a diabetes miellitus tipo 1. Esta ten unha orixe autoinmune, isto é que as células do sistema inmunitario atacan e destrúen por erro as células do páncreas. Como consecuencia este deixa de producir insulina polo tanto aumentan os niveis de glicosa.

A diabetes miellitus tipo 1 ten unha relación coa enfermidade celíaca (EC) complexa e multifacética. Ambas teñen unha orixe autoinmunitaria e comparten certa base xenética relacionada co HLA (o complexo maior de histocompatibilidade).

A EC é máis común entre os xoves con diabetes tipo 1 que entre aqueles que non a padecen según os estudos máis recentes. Ademais, estimase que arredor do 5-10% das persoas con diabetes tipo 1 tamén padecen EC. Un dato de prevalencia maior que o 1% que se aprecia na poboación total.

E ti, coñeces algún caso?

Realizado coa colaboración do concello de Ferrol.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Close
Cart (0)

No products in the cart. No products in the cart.



Idioma