Segundo o Regulamento Europeo (UE) Nº 828/2014, os produtos etiquetados como “sen glute” teñen que ten menos de 20 ppm ou 20 mg/kg de glute no produto final. Esta normativa europea publicada no ano 2014 entrou en vigor no 2016 e continúa ata os nosos días.
Pero por que é tan importante esa cantidade?
O doutor Carlo Catassi publicou un estudo no 2007 cuxo obxectivo era determinar cal era a cantidade máxima de glute á que se pode expoñer un paciente celíaco sen que se active a resposta do seu sistema inmune.
Para levar a cabo o experimento, recrutáronse 49 persoas adultas con enfermidade celíaca e dividíronse en 3 grupos. A cada grupo subministróuselle diariamente unha cantidade de glute distinta:
- Grupo 1: Consumían unha cápsula diaria con 10 mg de glute.
- Grupo 2: Consumían unha cápsula diaria con 50 mg de glute.
- Grupo 3: Consumían unha cápsula diaria de placebo, é dicir, cápsula sen glute.
Cos resultados deste estudo e xunto con outras evidencias atopadas na literatura, a comunidade científica estableceu que 50 mg de glute ao día é a dose mínima necesaria para producir dano no intestino dos pacientes.
Polo tanto, tendo en conta a cantidade de produtos sen glute que pode inxerir unha persoa celíaca ao día, determinouse o límite seguro de glute para os produtos é de 20 ppm, ou o que é o mesmo, 20 miligramos de glute por quilogramo de produto.
Cabe destacar que o estudo ten certas limitacións, por exemplo, o número de pacientes que participaron como voluntarios foi moi baixo. O tempo ao que foron somitidos a este experimento tamén foi corto. Sen embargo, este tipo de estudos non se repiten nin con máis persoas nin máis tempo, xa que poñen en risco a saúde dos pacientes celíacos.
Realizado coa colaboración do Concello de Ferrol.