ACEGA - Asociación de Celíacos de Galicia | 981 104 467 - 679 461 003 | [email protected]

I Xornadas de Formación e Encontro

#Xuntosémáisdoado

Non é ningún segredo que os galegos somos moi de pararnos na rúa, de mandarnos audios infinitos, gústanos falar, gústanos a xente. Como o noso clima, é algo que levamos no ADN.

Por iso pensamos que, despois de tanto tempo, era hora de volver vernos as caras, de comentar fóra da pantalla o noso día a día coa enfermidade celíaca, as dificultades, e por suposto, as grandes vitorias que estamos a conseguir pasiño a pasiño.

O próximo 13 de novembro imos organizar as nosas I Xornadas de Formación e Encontro na cidade de Pontevedra con algúns dos nosos grandes amigos, por iso mesmo, esperamos atoparte alí.

Sábado 13 de novembro de 2021.
Salón de actos do Pazo da Cultura, Pontevedra.

Ou séguenos en directo en celiacosgalicia.es

Contaremos co relatorio do Dr. Ricardo Fueyo. Licenciado en Psicoloxía Clínica, Educativa, Social e do Traballo. Sobre os efectos psicolóxicos dá enfermidade celíaca en nenos e adultos. Unha mesa redonda na que:

Olaia Maneiro. Cantante do grupo Tanxugueiras
Laura Piñeiro. Creadora de contido en @somoscampistas
Beatriz Alcalá. Gerente da Cafetería la Zapatería del Abuelo
Lidia Filgueira. Creadora de contido en @lidiadisfrutasingluten

Nos contarán o seu día a día coa enfermidade celíaca. E un par de sorpresas que non vos podemos desvelar… Temos moitísimas ganas de verte alí, así que esperámoste o 13 de novembro 🙂

Close
Cart (0)

No products in the cart. No products in the cart.



Idioma